Saltar ao contido

Batalla do golfo de Leyte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla do golfo de Leyte
Segunda Guerra Mundial Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Composto por
 Epónimo
 Resultado
Vitoria decisiva aliada
Datas
 Data de comezo
23 de outubro de 1944 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
26 de outubro de 1944 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Participantes
Localización
 Localización
Identificadores
Freebase/m/019wg0 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata G:Commons C:Commons

A batalla do golfo de Leyte, formalmente coñecida como "segunda batalla do mar de Filipinas", foi unha batalla xeralmente considerada como a batalla naval máis longa da segunda guerra mundial e, segundo algúns criterios, posiblemente a batalla naval máis longa da historia.

Tivo lugar en augas preto das illas filipinas de Leyte e Samar dende o 23 ao 26 de outubro de 1944, entre forzas combinadas de Australia e Estados Unidos e a Armada Imperial Xaponesa. O 20 de outubro, tropas estadounidenses invadiron a illa de Leyte como parte dunha estratexia dirixida a illar Xapón dos países que ocupara no sueste asiático, e en particular para privar ás súas forzas e industria da vital subministración de combustible. A Armada Imperial mobilizou case todos os grandes barcos que lle quedaban nun intento de facer que a invasión fracasase, pero foi rexeitada polas 3ª e 7ª frotas estadounidenses. A Armada xaponesa non puido acadar o seu obxectivo, sufrindo importantes perdas, e nunca máis puido presentar batalla cunha frota dese tamaño. A meirande parte dos barcos pesados suervivintes, privados de combustible, permaneceron nas súas bases durante o resto da guerra.

A batalla do golfo de Leyte consistiu en catro enfrontamentos separados entre os adversarios: a batalla do mar de Sibuyan, a batalla do estreito de Surigao, a batalla do cabo Engaño e a batalla de Samar, ademais doutras accións.

A batalla tamén destacou por ser a primeira na cal os portaavións xaponeses organizaron ataques kamikaze. Tamén é digno de mención o feito de que o Xapón nesta batalla tiña menos avións que barcos tiñan os Aliados, unha clara demostración da potencia dos dous bandos nese momento da guerra.