Batalla de Wippedesfleot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Wippedesfleot
Data 466
Lugar Ebbsfleet, Kent
Resultado Vitoria anglosaxoa
Líderes
Hengest
Oisc
12 caudillos
Forzas en combate
<200 <200

A batalla de Wippedesfleot foi unha batalla de 466 entre os anglosaxóns (ou xutos), dirixidos por Hengest, e os britanos. Descríbese na Crónica anglosaxoa así:

465: Her Henᵹest 7 Æsc ᵹefuhton uuiþ Ƿalas neah Ƿippedesfleote 7 þær .xii. ƿilisce aldormenn ofsloᵹon, 7 fira þeᵹn an þær ƿearþ ofslæᵹen, þam ƿæs noma Ƿipped.
465: Aquí Hengest e Oisc loitaron xuntos contra os galeses (= britanos) preto de Wippedesfleot e alí deron morte a 12 caudillos galeses, e un dos seus thanes foi asasinado, cuxo nome era Wipped.

Dise que esta batalla acabou en derramamento de sangue e masacre para os dous lados, até o punto de que despois as hostilidades cesaron por un tempo. Algúns historiadores cren nunha vitoria saxoa, pero iso non se menciona no texto. O limitado número de baixas é indicativo de que a batalla foi de pequeno tamaño. O número de guerreiros involucrados non debeu alcanzar os 200.

Pénsase que Wippedesfleot é Ebbsfleet en Kent, preto de Ramsgate. A súa localización fixo pensar ao autor da Historia Brittonum[1] que todos os saxóns foran xa expulsados de Gran Bretaña. Ramsgate é o lugar principal da entón península de Thanet, «que foi dada aos saxóns por Vortigern». Foi de feito o sitio onde, segundo a Historia Brittonum, os saxóns desembarcaron primeiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nennius. J. A. Giles tr., ed. History of the Britons. Bohn.