Batalla de Anceo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Anceo
Data: 825
Lugar: río Oitavén, Ponte Caldelas
Conflito: Razzia de Abderramán II contra Galicia.
Resultado: Vitoria, do bando cristián
Combatentes
Reino de Galicia Emirato de Córdoba
Comandantes
Afonso II Malik al Qaisí

A batalla de Anceo foi un enfrontamento no ano 825 entre as forzas cristiás do rei Afonso II fronte as tropas musulmás dirixidas por Abderramán II. O suceso tivo lugar na beira do río Oitavén, antigamente denominado Anceo, Arceo ou Arceu, pertencente hoxe ao concello de Ponte Caldelas.

A batalla[editar | editar a fonte]

A batalla forma parte dunha serie de batallas (batalla de Pedrafita e batalla de Naharon) relacionadas coa razzia enviada por Abderramán II a Galicia comandada por Al-Abdas e Malik al Qaisí co obxectivo de frear o avance cara ao sur de Afonso II. Esta terceira ofensiva, lanzada por Abderramán II tivo expedicións nos anos 823, 825 e 826.[1][2]

Os invasores, xa en retirada, agocháronse na serra do Suído. Pola noite, os cristiáns comezaron unha serie de ataques de desgaste, enviaron bois cos cornos en chamas para sementar o pánico e a fatiga no campamento de Malik. Ao amencer as tropas cristiás atacaron destruíndo toda defensa musulmá, moi poucos lograron escapar.[1]

Consecuencias[editar | editar a fonte]

A pesar de que Afonso II consegueu a vitoria nas batallas, Abderramán II tamén conseguiu o seu obxectivo mantendo a Afonso II no norte. Despois desta batalla os musulmáns non volveron atacar ata pasados máis de trece anos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]