Baselios Cleemis Thottunkal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ബസേലിയോസ് കര്‍ദ്ദിനാള്‍ ക്ലിമ്മീസ്
Baselios Cleemis
Arcebispo Maior da Igrexa Católica Siro-Malankara
Biografía
Nacemento15 de xuño de 1959 en Mukkoor, distrito de Pathanamthitta Kerala, India
Nome secularIsaac Thottumkal
Ordes
Ordenación sacerdotal11 de xuño de 1986, por Cyril Baselios
Consagración episcopal15 de agosto de 2001, por Cyril Baselios
Creado cardeal24 de novembro de 2012, por Bieito XVI
Elixido patriarca8 de febreiro de 2007
Arcebispo Maior de Trivandrum
2007 - actualidade
PredecesorCyril Baselios
Outros

Escudo de Baselios Cleemis
Ficha en catholic-hierarchy.org

Baselios Cleemis Thottunkal (en malayalam: ബസേലിയോസ് കര്‍ദ്ദിനാള്‍ ക്ലിമ്മീസ്), nado o 15 de xuño de 1959 en Mukkoor (distrito de Pathanamthitta Kerala, India) é un eclesiástico católico siro-malankar, arcebispo maior de Trivandrum da Igrexa Católica Siro-Malankara dende 2007, e cardeal dende 2012.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu como Isaac Thottunkal o 15 de xuño de 1959 en Mukkoor, unha vila do distrito de Pathanamthitta no estado de Kerala.

O 11 de xuño de 1986 foi ordenado sacerdote polo bispo de Battery Cyril Baselios Malancharuvil.

O 18 de xuño de 2001 foi nomeado bispo auxiliar de Trivandrum e bispo titular de Chaialum. Recibiu a ordenación episcopal o 15 de agosto do mesmo ano, de mans do arcebispo de Trivandrum Cyril Baselios.

O 11 de setembro de 2003 foi nomeado bispo de Tiruvalla. Cando a sé foi elevada a arquieparquía, o 15 de maio de 2006, foi nomeado arcebispo metropolitano.

O 8 de febreiro de 2007 foi elixido arcebispo maior de Trivandrum polo Sínodo da Igrexa Católica Siro-Malankara. A súa elección foi aceptada por Bieito XVI ao día seguinte, e feita pública o 10 de febreiro.

O 24 de novembro de 2012 o papa Bieito XVI creouno cardeal, co título de cardeal-presbítero de San Gregorio VII.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]