Bartolo Ushigua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBartolo Ushigua

Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista político Editar o valor em Wikidata

Twitter: aleushigua Editar o valor em Wikidata

Bartolo Ushigua, cuxo nome sápara é Manari, nado en Llanchamacocha[1] é o presidente e voceiro da asociación Naku da nación sápara,[2] pobo orixinario da provincia de Pastaza en Ecuador, que vive á beira do río Conambo. Foi vicepresidente da Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bartolo Ushigua é fillo de Blas, o último dos xamáns sáparas dunha comunidade de 115 persoas, e de Mucutsawa, fundadora de Llanchamacocha.[3] O seu nome en sápara, Manari, é o nome dun lagarto do bosque. O estado ecuatoriano esixe que os indíxenas teñan nomes españois para inscribirse no rexistro civil e é por iso que leva o nome de Bartolo Ushigua.[4]

Os sáparas viven ao longo dos ríos Conambo e Pindoyacu e no alto Curaray en Ecuador, e ao longo do Tigris no Perú. No seu día posuían un territorio moito máis amplo que se estendía (entre os séculos XVIII e XIX) dende os ríos Pastaza ata Curaray e dende os contrafortes andinos ata a fronteira peruana.[5]

O nome sáparo vén da cesta feita de vides partidas en dous e dúas veces tecidas, entre as que se colocan follas impermeables, e unha tapa traballada do mesmo xeito, que os sáparos empregan para poñer a roupa e outras cousas secas.[6] Eles chámanse a si mesmo káyapwö.[7] A súa cultura e lingua foron declaradas Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola UNESCO en 2001. A súa poboación estímase nunhas 250 persoas en Ecuador e no Perú.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. selvasapara.com (ed.). "Bartolo Ushigua en selvasápara". Consultado o 20 de marzo de 2024. 
  2. "PONENCIA. Sr. Bartolo Ushigua Presidente de la Nacionalidad Zapara de la Amazonia Ecuatoriana. NAZAE al Foro Permanete de las Cuestiones Indígenas, mayo 2004" (PDF). Consultado o 20 de marzo de 2024. 
  3. selvasapara.com (ed.). "MANARI Bartolo Ushigua ⁞⁞⁞ 49 años ⁞⁞⁞ Llanchamacocha". Consultado o 20 de marzo de 2024. 
  4. Estas sentenzas de Manari están tiradas dunha carta dirixida alí hai uns anos ao agregado cultural da embaixada ecuatoriana noPerú. Solicitou a súa intervención para que o ecuatoriano sápara cruzase a fronteira entre os dous países e reunirse cos seus irmáns peruanos en abril de 2000 - The Unesco Courier
  5. Reeve, Mary-Elizabeth, 1988, Los Quichua del Curaray. El proceso de formación de la identidad, Quito: Abya Yala, Banco Central del Ecuador-Guayaquil.
  6. Simson, Alfred, 1886, Travels in the wilds of Ecuador, and the exploration of the Putumayo river, Londres
  7. Tessmann, Günter, 1930, Die Indianer Nordost-Perus, Hamburgo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]