Barro, Barro
Barro | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Barro[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°33′22″N 8°37′34″O / 42.556111111111, -8.6261111111111 |
Poboación | 603 hab. (2021) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Breixo de Barro é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Barro. Segundo o INE en 2016 tiña 612 habitantes (312 mulleres e 300 homes), 32 menos ca en 2004. Ten sete entidades de poboación.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de San Breixo está situada en Cangrallo. Ten planta rectangular, co corpo posterior máis elevado. O campanario central ten dous corpos, con base mensulada e cúpula octogonal nervada. En outubro celébrase a romaría de San Breixo de Barro[2].
O peto de ánimas de Porráns é aberto, sen protección, de pedra, tiña un retablo policromado, pero na actualidade só conserva restos de cor ocre. O caixón de esmolas tamén desapareceu, quedando só o oco. Preside o conxunto unha figura de Cristo acompañado de San Francisco á dereita e da Virxe do Carme á esquerda. Suxéitaos unha corda, á cal se acollen cinco almas para librarse do lume que as atormenta.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Barro
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Barro no concello de Barro (Pontevedra) | |
---|---|
Barro | Búa | Os Caldos | Cangrallo | Costenla | O Curuto | Mane | A Maquieira | Monllo | O Pazo | Porráns | A Seca |
Parroquias de Barro
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Barro | |
---|---|
Agudelo (San Martiño) | Barro (San Breixo) | Curro (Santa María) | Perdecanai (Santa María) | Portela (San Mamede) | Valiñas (Santo André) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ Águeda Piñeiro (7 de outubro de 2019). "San Breixo se reencuentra con cientos de devotos que se reunieron en la tradicional romería de Barro". Diario de Pontevedra.