Banxing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Banxing / BX-1
Tipo Soporte / tecnolóxico
Data de lanzamento 25 de setembro de 2008[1]
Foguete portador Longa Marcha 2F[2]
Sitio de lanzamento Centro espacial de Jiuquan[2][3]
Obxectivo da misión Retransmisión de imaxes da misión tripulada Shenzou 7 e probas tecnolóxicas.[3][2]
Decaemento 29 de outubro de 2009[1]
NSSDC ID 2008-047G
Masa 40 kg[2][3]
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Banxing (en chinés: 伴星), tamén coñecido como BX-1, foi un satélite artificial chinés soltado a man desde unha cápsula tripulada Shenzou durante a misión Shenzou 7 o 25 de setembro de 2008.[3][2]

Características[editar | editar a fonte]

Banxing foi soltado durante a misión orbital Shenzou 7 por un dos astronautas da cápsula. O satélite foi usado para tomar imaxes da misión tripulada. Unha vez terminada a misión e regresados os astronautas a terra, Benxing foi usado para probar o voo en formación co módulo orbital da cápsula Shenzou deixado atrás como parte da misión.[3][2]

Poucas horas despois do seu lanzamento, Banxing pasou inusualmente cerca da Estación Espacial Internacional, levantando especulacións sobre unha posible finalidade como experimento militar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. «BX-1» (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. «BanXing» (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Mark Wade (2011). «BanXing» (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2012.