Bandia Ribeira
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Bandia Ribeira Cendán ![]() 1979 ![]() As Pontes de García Rodríguez, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafa ![]() |
Bandia Ribeira Cendán, nada nas Pontes en 1979, é unha fotógrafa galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bandia Ribeira licenciouse en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela e pola Universidade Carolina de Praga. Posteriormente reconduciu a súa formación cara á fotografía e obtivo o grao de Fotografía Documental na Universidade do Sur de Gales, e o posgrao en Fotoxornalismo na Universidade Autónoma de Barcelona.
Profesionalmente traballou como xornalista en medios de comunicación, como para o xornal El Progreso ou a axencia de novas portuguesa Lusa. Artisticamente participou en exposicións individuais e colectivas en Gales, Cataluña, Romanía, Alemaña, Portugal e Galicia.
Galardóns
[editar | editar a fonte]En 2015 foi a gañadora do Premio Luis Ksado de fotografía[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A fotógrafa Bandia Ribeira gaña o premio Luís Ksado Arquivado 24 de outubro de 2015 en Wayback Machine., Sermos Galiza, 22 de outubro de 2015.