Saltar ao contido

Bandeira do Estado Mon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira do Estado Mon
Bandeira do Estado Mon
Características
Proporción2:3
Adopción8 de xuño de 2018
Cores     Vermello      Amarelo

A bandeira do Estado Mon é a bandeira étnica que representa ao pobo mon e ó Estado Mon, unha das divisións administrativas de Myanmar. Representa un hamsa, unha ave acuática empregada como símbolo espiritual, situada no centro sobre un fondo vermello. A bandeira actual foi aprobada oficialmente pola Cámara do Estado Mon o 8 de xuño de 2018.[1]

Segundo unha lenda local, a cidade de Bago, a cal foi fundada polo pobo mon, estableceuse no lugar onde un hamsa buscou refuxio durante unha inundación masiva, de aí a adopción do paxaro na bandeira.[2]

Bandeira anterior

[editar | editar a fonte]
Antiga bandeira do Estado Mon.

A bandeira anterior do Estado Mon, empregada até a adoptación da actual, representa un hamsa sobre un fondo azul escuro e conta co texto "Estado Mon" (en birmano: မွန်ပြည်နယ်) escrito debaixo.[3] A bandeira da Rexión de Bago é moi semellante á anterior bandeira do Estado Mon, mais o seu hamsa e texto teñen diferentes proporcións e deseños.

  1. Khant, Naung (8 de xuño de 2018). "Mon State Hluttaw approves picture of golden hamsa on red background as Mon State flag". Burma News International (en inglés). Consultado o 21 de agosto de 2018. 
  2. Kuipers, Ludo. "Mon State | Flag | Myanmar | OzOutback". ozoutback.com.au. Consultado o 9 de xullo de 2018. 
  3. "Mon State (Myanmar)". www.crwflags.com. Consultado o 9 de xullo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]