Bandeira da Illa de Man
Aparencia
Bandeira da Illa de Man | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2[1] |
Adopción | 1931 |
Cores | Vermello Amarelo Branco |
A bandeira da Illa de Man (en manés: brattagh Vannin) é un tríscele composto por tres pernas con armaduras sobre un fondo vermello. É a bandeira oficial de Man dende 1931[2] e está baseado no escudo da Illa de Man, que data do século XIII. As tres pernas son coñecidas en manés como ny tree cassyn. O trícele é un símbolo antigo do cal se descoñecen os motivos da súa adopción. Antes da súa adopción en 1931, a bandeira oficial da Illa de Man era a Union Flag.
A illa tamén ten unha bandeira civil. Estoutra foi autorizada por vez primeira o 27 de agosto de 1971.[1] Outra bandeira manesa é a que representa o Tynwald, o Parlamento da illa, que ondea nos edificios lexislativos dende 1971.[3]
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]-
Bandeira civil da Illa de Man
-
Estandarte do Gobernador
-
Bandeira do Tynwald (o Parlamento)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Isle of Man Arquivado 01 de agosto de 2013 en Wayback Machine.; Flags of the World; (c.1996 - Presente)
- ↑ "The Three Legs of Man". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2011. Consultado o 28 de decembro de 2012.
- ↑ "The Isle of Man Parliamentary Flag". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2012. Consultado o 28 de decembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bandeira da Illa de Man |
A Galipedia ten un portal sobre: Illa de Man |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Illa de Man en Flags of the World (en inglés)