Bandeira da Igrexa ortodoxa grega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira da Igrexa ortodoxa grega, alzada na illa de Santorini.

A bandeira utilizada pola Igrexa ortodoxa grega, o Patriarcado ecuménico de Constantinopla e o territorio autónomo do Monte Athos é a representación da pedra de aguia bicéfala con coroa, orbe e espada sobre un campo dourado.[1]

Esta aguia bicéfala é tamén coñecida como “Aguia de Lagash” pola súa descuberta na cidade sumeria de Lagash, no actual Iraq. Igualmente abunda como emblema na posterior civilización Hitita que floreceu nese mesmo país entre os séculos XX e XIII antes de nosa era, chegando na Idade Media a Europa a través de Bizancio que a usou para representar as dúas herdanzas de oriente e occidente que pretendía como sucesor do imperio romano. A partir do ano 1250 o Sacro Imperio Romano Xermánico adopta a bandeira ata a súa disolución en 1806. Máis tarde será conservada como emblema polo imperio austríaco ata a súa terminación en 1919, ano no que se instaura a República de Austria. Actualmente úsaa a Igrexa ortodoxa grega para resaltar o seu carácter descendente de Bizancio.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Flag Bulletin. Flag Research Center. 1988. p. 105. It is not surprising that all symbols of Mount Athos, especially the Byzantine double-eagle and the Holy Virgin, who is the patron of the Holy Mount, represent old Byzantine traditions. [...] The flag of Mount Athos (Fig. 1) is golden yellow bearing the black Byzantine double-headed eagle with an imperial crown. The eagle holds on its claws an orb of black with golden bands and a black... .
  2. H. Ward, William (1910). The seal cylinders of western Asia. Carneir.