Kotapraja Tanjungkarang-Telukbetung (id) dende 1957 Kota Besar Tanjungkarang-Telukbetung (id) dende 1956ata 1957 Oosthaven (nl) dende século XVIIIata 1945 Kota Bandar Lampung (id)
Bandar Lampung é unha cidade de Indonesia e capital da provincia indonesia de Lampung, na illa e rexión de Sumatra. Foi fundada baixo o nome de Tanjungkarang-Telukbetung, os dous poboados que formaron a cidade. No ano 1986 rebautizouse co nome Kota Bandar Lampung (Cidade de Bandar Lampung). É a principal entrada á illa de Sumatra para xente procedente da illa de Xava. Especialmente antes da construción do importante porto na cidade de Bakauheni, ao sur de Bandar Lampung. A cidade conta co Aeroporto Radin Inten II no noroeste, que é un aeroporto nacional con voos cara a Iacarta.
O Aeroporto Radin Inten II (TGK) é o principal aerodromo da cidade. Situado nas aforas, pódese acceder mediante minibuses e autobuses do transporte público.
Bandar Lampung ten varias opcións alternativas para o transporte. Unha delas é o minibús Angkot (abreviatura de Angkutan Kota, traducido literalmente por Transporte de cidade). Serven varias liñas, operados privadamente e baratos. Polo xeral, un minibús Angkot cobre a área entre Tanjung Karang (centro de Bandar Lampung) e o sector urbano. Un Angkot cobre estas liñas:
Tanjung Karang - Garuntang
Tanjung Karang - Teluk Betung
Tanjung Karang - Rajabasa
Tanjung Karang - Sukarame
Tanjung Karang - Langkapura
e moitos máis.
En outubro de 2011, a oficina de transporte de Bandar Lampung anunciou dúas liñas de Autobús de tránsito rápido.
No ano 2009, Bandar Lampung tiña unha taxa de alfabetización do 94,3%, mais comparado co ano 2005, que tiña unha taxa de alfabetización do 93,5%. Así e todo, a taxa de participación na escola secundaria seguiu descendendo de 69,2% (2007) ao 61,4% (2009).
Universidade "Malahayati"
En Bandar Lampung hai notables universidades e institutos como SMP Negeri 2 Bandar Lampung (público), SMA Negeri 9 Bandar Lampung (público), SMA Negeri 2 Bandar Lampung (público), SMA Fransiskus Bandar Lampung (privado), Universidade Lampung (público, coñecido localmente como Unila), Bandar Lampung University (privado, coñecida localmente como UBL) e Malahayati University (privado). En marzo de 2011, a Unila tiña 70866 alumnos.