Banana acuática
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Banana (homónimos).
Unha banana acuática é un barco inflábel de recreación feito xeralmente para ser remolcado. Foi inventado por Glenn Matthews a finais da década dos 80.
Os diferentes modelos desta embarcación poden acomodar entre 3 e 10 pasaxeiros sentados nun tubo grande, central, mentres descansan os seus pés en dous tubos laterais que estabilizan o barco. O tubo central xeralmente é amarelo e ten forma de banana, de aí o seu nome. Algúns modelos teñen dous tubos centrais.
Durante o paseo, o motorista do barco tenta virar a banana acuática cabeza abaixo ao facer curvas pechadas [1]. Os pasaxeiros teñen que empregar un chaleco salvavidas por razóns de seguridade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ <http://www.boatsdepot.org/boats/types/banana.asp> - Accedido o 31/08/2010