Bambara (grupo musical)
Bambara | |
---|---|
Orixe | Athens, Xeorxia, |
Período | 2007 - presente |
Xénero(s) | post-punk, noise rock, cowpunk |
Selo(s) discográfico(s) | Emerald Weapon, Arrowhawk, Wharf Cat |
Membros | Reid Bateh Blaze Bateh William Brookshire |
Na rede | |
Bandcamp | |
Bambara é unha banda estadounidense de post-punk formada en 2007 en Athens, Xeorxia, e no presente baseada en Brooklyn, Nova York. O trío está formado polos irmáns xemelgos Reid Bateh (voces principais e guitarra) e Blaze Bateh (batería), e William Brookshire (baixo).
O grupo foi chamado así por unha personaxe do mesmo nome da serie animada de televisión Æon Flux. O batería Blaze Bateh dixo que "sinceramente, non había nada en particular sobre el como personaxe que nos impulsase a usar o seu nome. Eramos grandes seguidores do programa. Vin o programa de principio a fin innumerables veces e aínda quedo impresionado por aspectos del. Pero si, só pensamos que o seu nome soaba moi xenial".[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Os membros de Bambara comezaron a tocar xuntos no ano 2001 en Athens, Xeorxia, cando os irmñans xemelgos Reid e Blaze Bateh e o amigo do colexio William Brookshire estudaban no instituto North Springs High School. O trío comezou tocando versións de bandas como Blink-182 e Red Hot Chili Peppers antes de desenvolver o seu propio son que incorporaba "funk, progresivo e moita música latina".[2] Lanzaron o seu álbum de estrea, Curtains and Cannibals, en 2005 baixo o seu nome orixinal 23jinx.
En outubro de 2007 o grupo cambiou o seu nome e formouse como Bambara. Mudáronse a Brooklyn onde ficharon polo selo Arrowhawk Records en 2013. Bambara gravou o álbum Dreamviolence no soto do seu apartamento e editouno en abril dese ano.[3] A súa música foi etiquetada como noise rock, en parte debido ao seu uso de máquinas, loops e programas lo-fi variados.[4]
A mediados de 2014 a banda tiña case rematado o seu álbum Swarm, pero roubáronlle o ordenador con todos os temas que gravaran ata ese momento. Isto fixo que o álbum se atrasase xa que o grupo tomouse un descanso antes de regravar as cancións roubadas. Bambara gravou e lanzou un EP experimental de noise titulado Night Chimes en agosto de 2015.[5] A banda afirmou que o EP axudou a sacar o ruído "dos seus sistemas", o que axudou a crear unha versión máis atenuada dos sons abrasivos de Swarm cando chegou o momento de regravalo.[6] O álbum publicouse o 1 de abril de 2016. Segundo Zoë Beery de The Village Voice, Swarm mostraba a atmosfera marca da banda a través de longas reverberacións e guitarras distorsionadas, pero cunha produción máis clara para mostrar a musicalidade, así como a voz de Reid Bateh.[7]
O seu terceiro álbum de estudio, titulado Shadow on Everything e publicado a través do selo Wharf Cat Records, continuaba co estilo de Swarm limitando a experimentación do noise ao tempo que incorporaba un concepto gótico occidental.[8] O álbum segue unha historia de personaxes que se recitan historias estrañas entre si nun antro. A acollida da crítica para o álbum foi positiva.[6][9]
Tras o lanzamento de Shadow on Everything en abril de 2018, a banda iniciou unha xira europea para promocionar o álbum antes de comezar unha xira polos Estados Unidos como abreconcertos de Idles.[10] Joe Talbot, vocalista principal de Idles, dixo que Shadow on Everything foi o seu disco favorito de 2018.[11]
O seu tempo na estrada continuou en 2019 xa que foron elixidos para actuar no festival South by Southwest e anunciaron unha xira pola costa leste dos Estados Unidos en apoio de Daughters.[12][13]
No mes de febreiro de 2020 Bambara lanzou o seu cuarto álbum de estudio, Stray.[14] No mes de marzo, mentres estaba na xira norteamericana de promoción do disco, a banda tivo que cancelar os seus concertos debido á pandemia de COVID-19. Mentres estaban separados por todo o país durante a corentena, os membros da banda comezou a escribir música nova a distancia. A banda non quedou contenta co resultado e descartou os temas resultantes, só para comezar de novo cando volveron a estar todos xuntos en Nova York.[15] En febreiro de 2022 lanzou o EP resultante, Love on My Mind, con recensións positivas. Pitchfork chamouno "un EP parecido a unha novela curta, cuxo shoegaze borroso e son metálico animan un mundo onírico de personaxes sórdidos e pasados medio esquecidos".[16]
Bambara volveu a xirar en 2021, incluíndo entre as súas datas actuacións como abreconcertos para Foo Fighters e Nothing.[17][18] No ano 2022 a canción "Miracle" foi usada na sexta tempada da serie Peaky Blinders.[19] Despois do lanzamento de Love on My Mind, Bambara fixo unha xira europea de dous meses e unha pequena serie de concertos en América do Norte.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Dreamviolence | 2013 | Emerald Weapon |
Swarm | 2016 | Arrowhawk Records |
Shadow on Everything | 2018 | Wharf Cat Records |
Stray | 2020 | Wharf Cat Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Avenue, Vanadian (2020-05-10). "Indieterria meets Bambara". Indieterria (en inglés). Consultado o 2024-11-15.
- ↑ Golden, Katie (2006-08-28). "Freshmen trio to rock Athens". The Red & Black (en inglés). Consultado o 2024-12-01.
- ↑ "Bambara". The Masquerade (en inglés). Consultado o 2024-12-01.
- ↑ "((Bambara)) Band Profile and Upcoming New York City Concerts". Oh My Rockness (en inglés). Consultado o 2024-12-01.
- ↑ "Interview: Bambara". Tiny Mix Tapes (en inglés). Consultado o 2024-12-01.
- ↑ 6,0 6,1 Joyce, Colin (2018-04-04). "Bambara’s New Noise Rock Record Echoes the Grimy Loneliness of City Life". VICE (en inglés). Consultado o 2024-12-01.
- ↑ Beery, Zoë (2016-03-08). "Bambara Turn Southern Gothic Into Brooklyn Noise". The Village Voice (en inglés). Consultado o 2024-12-01.
- ↑ "Bambara's Western Gothic Opus, 'Shadow On Everything,' Comes To Life". Npr. Consultado o 1 de decembro de 2024.
- ↑ "Bambara — Shadow On Everything". The Quietus (en inglés). 2018-04-09. Consultado o 2024-12-01.
- ↑ Hanley, Shayne (2018-09-24). "THE JOY OF GETTING BRUISED UP WITH IDLES & BAMBARA IN BROOKLYN". Pancakes And Whiskey (en inglés). Consultado o 2024-12-01.
- ↑ "BAMBARA – ” Stray “". The Fat Angel Sings (en inglés). 2020-02-15. Consultado o 2024-12-01.
- ↑ Curtin, Kevin; Hernandez, Raoul. "SXSW List No. 4". www.austinchronicle.com (en inglés). Consultado o 2024-12-01.
- ↑ "Best of 2018: Daughters' Alexis Marshall Picks Favorite Music, Movies, Sports Event". Revolver (en inglés). Consultado o 2024-12-01.
- ↑ "Stray, by Bambara". Bambara (en inglés). Consultado o 2024-12-01.
- ↑ "Love on My Mind - Bambara". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-12-02.
- ↑ Yu, Zhenzhen. "Bambara: Love on My Mind". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-12-02.
- ↑ Kohli, Mike (2021-09-17). "Foo Fighters Made The Best of Cuse Wednesday Night". 315 Music (en inglés). Consultado o 2024-12-02.
- ↑ "Tours: Nothing announce tour with Bambara and Midwife". www.punknews.org (en inglés). 2021-10-06. Consultado o 2024-12-02.
- ↑ "The 'Peaky Blinders' Season 6 Soundtrack Is a Gothic Rock Opera". Men's Health (en inglés). 2022-06-10. Consultado o 2024-12-02.