Saltar ao contido

Baía Caswell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baía Caswell, praia da Península de Gower, Swansea, en agosto de 2008.

Baía Caswell é un destino de vacacións de Gales no suroeste da Península de Gower, Swansea.

O acceso á praia é relativamente doado e no seu interior atópase un parque recreativo. Localizada preto da localidade de Mumbles, é un destino de vacacións para surfistas cuxa praia recibe regularmente a bandeira azul.

A baía Caswell no solpor.

Entre 1829 e 1840, a meirande parte da terra arredor da baía Caswel foi mercada por John James, un crego de Bishopston para os seus dous fillos.[1]

En 1846, os Morgan venderon unha parte das súas terras no lado leste da baía no século XIX ó fotógrafo pioneiro John Llewelyn Dillwyn, un visitante regular da baía. Llewelyn construíu unha casa de vacacións, Caswell Cottage, que se mantivo ata arredor de 1960 na localización do que actualmente é o aparcadoiro público da baía Caswell.[2] En 1854, dúas das súas fotografías da baía Caswell foron solicitadas polo príncipe Alberte de Saxonia.[3]

Trala morte da muller de Morgan en 1877, o estado de Caswell dividiuse entre os seus seis fillos.[1] Pouco despois, unha parte da terra na parte occidental da baía foi vendida á familia Davenport que construíu unha gran casa nestas terras. A casa chamábase Redcliffe polo nome do cantil que delimita o lado occidental da baía, Redley Clif. A finais de 1920, Redcliffe foi a casa da familia do poeta Vernon Watkins, un amigo achegado de Dylan Thomas.[4] A casa mantívose ata a década de 1960, cando se derrubou para crear os apartamentos Redcliffe que foron construídos no lado oeste da baía.

  1. 1,0 1,1 Morgan, P. (1981) Caswell - The Making of a Landscape. Gower journal of the Gower Society, Vol.32 (1981), p. 6-10.
  2. Gabb, G. (2000) The Dillwyn family in Mumbles. Gower journal of the Gower Society, Vol. 51, (2000), p. 20-30.
  3. SwanseaHeritage.net. "Cave - Caswell Bay - East" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2007. Consultado o 25 de maio de 2014. 
  4. Welsh Biography Online. "Watkins, Vernon (Phillips)" (en inglés). Consultado o 25 de maio de 2014.