BT-4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BT-4
País de orixeXapón[1]
FabricanteIHI Aerospace
EstadoEn produción[1]
Motor de combustible líquido
Propelente/ Hidracina e tetróxido de nitróxeno[1]
Rendemento
Pulo500 N[1]
Dimensións
Lonxitude80 cm[1]
Peso seco4 kg[1]
Usado en
HTV, Cygnus

BT-4 é a designación dun motor foguete desenvolvido por IHI Aerospace e usado polas naves HTV e Cygnus.[1]

Características[editar | editar a fonte]

O motor BT-4 usa hidracina e tetróxido de nitróxeno como propelentes, inxectados a presión na cámara de combustión. Foi desenvolvido orixinalmente para ser usado na sonda LUNAR-A, finalmente cancelada. Úsase tamén nos buses de satélites A2100 e GeoStar-2. O propulsor foi deseñado baseándose no sistema de control de actitude do foguete N-1, unha versión dos foguetes Delta construída baixo licenza no Xapón nos anos 1970.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Mark Wade (2022). "BT-4" (en inglés). Consultado o 22 de outubro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]