B-Violet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
B-Violet
OrixeBadalona, Cataluña Cataluña
Xénero(s)nu metal
Selo(s) discográfico(s)Zero Records
MembrosSonia Isidro (voz), Blanca Cereceda (baixo), Vanessa Blanco (guitarra), Merche Rosales (batería)

B-Violet foi un grupo de nu metal de Badalona, activo entre 1995 e 2004. Estaba formado por Sonia Isidro (voz), Blanca Cereceda (baixo), Vanessa Blanco (guitarra) e Merche Rosales (batería).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O grupo formouse en 1995 e axiña comezaron a dar numerosos concertos, que tiveron boa acollida. En 1997 gañaron o primeiro premio do concurso Villa de Bilbao e foron seleccionadas no Alatraveu Frontera.[1]

En 1998 a discográfica Liquid editou o seu primeiro disco, Ultraviolet, pero tras problemas coa distribución o disco foi adquirido por Zero Records.[2] A partir dese momento aumentaron as súas actuacións, chegando a tocar en eventos como Festimad, Espárrago Rock, Doctor Music ou Cultura Quente.

No ano 2000 publicaron o seu segundo disco, My reality?, e despois da promoción decidiron baixar o ritmo de concertos para poder compaxinar as súas vidas persoais co grupo. A comezos de 2004 editaron o seu terceiro disco, En este mundo, no que pasaron de cantar en inglés a facelo en castelán.

A finais de 2004 anunciaron a súa separación.[3] No 2008 reapareceron nas Festas de El Masnou[4], e tocaron temas novos. Con todo, non volveron ter actividade desde entón.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Ultraviolet (1998. Liquid / Zero Records)
  • My reality? (2000. Zero Records)
  • En este mundo (2004. Zero Records)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "B-Violet, en IndyRock". 
  2. "B-Violet en Manerasdevivir.com". 
  3. "Noticias música indie - MondoSonoro". 
  4. "Festa Major". Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2017. Consultado o 15 de abril de 2018.