Bálsamo negro de Riga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bálsamo negro de Riga.

O bálsamo negro de Riga é un forte licor de herbas de orixe letoa. A receita do bálsamo combina 24 ingredientes, incluíndo as herbas, raíces, froita silvestre, zume de froitas, mel, azucre queimado e varios elementos moito máis específicos como frundo, xanzás ou aceite balsámico peruano[1].

Historia[editar | editar a fonte]

A invención do bálsamo negro de Riga atribúese ao farmacéutico letón Abraham Kunze no ano 1752. Porén as primeiras receitas que describían licores de herbas no país datan do século XVI. O farmacéutico, veciño de Riga, foi acusado pola prensa de ter replicado receitas populares previas ao 1737 na súa invención. Cara 1752 Kunze xa producía o licor de herbas a volumes industriais. A partir do ano 1845, o renome de principal produtor do licor pasa a mans de Albert Wolfschmidt.

No ano 1860 o licor é galardoado coa medalla de prata na Feira de San Petersburgo, onde se presentou co nome de "o verdadeiro Licor de herbas de Riga de Kunze", trala feira o licor pasou a ser coñecido simplemente como o ″bálsamo negro de Riga″.

De acordo cunha lenda popular só dous aprendices do mestre licoreiro coñecían a receita. Esta receita orixinal non puido ser recuperada durante a marcha en 1939 dos colonos alemáns previa a Ocupación Soviética de Letonia. O que levou a un traballo de 5 anos de recuperación a finais da segunda guerra mundial para replicala. [2]

Elaboración[editar | editar a fonte]

O bálsamo negro de Riga acada após a súa destilación un 45% de alcol por volume. Na súa elaboración empréganse barrís únicos de madeira de carballo. Na cocción en barril mestúrase cos aromas do resto de ingredientes, como o mel, o caramelo ou o zume de froitas para ser posteriormente embotellado en xarros de arxila.

Hoxe o bálsamo negro de Riga comercialízase na súa receita orixinal ou co sabor engadido de groselleira negra, cereixa ou ron.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]