Para empezar, actualmente hai 219.745 artigos en Wikipedia en galego, o que unido ao resto de versións lingüísticas convértena na enciclopedia máis grande na historia humana.
Ademais, hai outras 320562 páxinas non enciclopédicas, entre elas de axuda e de conversa, dedicadas a impulsar a construción da enciclopedia (1.5 veces máis que os artigos!)
Este titorial axudaralle a orientarse, aprenderá a atopar o que está a buscar e presentaralle algunhas das páxinas máis importantes.