A caixa de procura está na parte superior dereita da pantalla. Comece a escribir nela e suxeriralle páxinas que pode estar a procurar — prema nunha para ir directamente a esa páxina. Alternativamente, se escribe un título de páxina e preme ↵ Entrar, tamén irá directamente a esa páxina.
Se escribe unha palabra ou frase que non é un título de artigo e preme ↵ Entrar, irá á páxina de procura, que enumera os artigos nos que o seu termo de procura aparece. Tamén pode acceder a esta páxina escribindo algo na caixa de procura e logo premendo na ligazón "que conteña ...", na parte inferior da lista de suxestións. Por exemplo, pode facer isto se quixese buscar os resultados da palabra "Peixe" en Wikipedia, en lugar de ir directamente ao artigo Peixe.
A páxina de procura tamén lle permite buscar dentro dos diferentes espazos de nomes. Pode elixir unha opción predefinida (Páxinas de contido, Multimedia, Todo) ou utilizar a opción "Avanzado" para especificar os espazos de nomes que desexa buscar.