O álbum foi gravado para cumprir o contrato da banda, no que se acordara que debía producir dous discos en 1967. Aínda así, non foi lanzado nos Estados Unidos ata 1968 debido ao medo de que puidese afectar ás vendas do seu primeiro traballo. Noel Redding toca o baixo de oito cordas nalgunhas das súas cancións.
Xusto antes de rematar o disco, Hendrix deixou as cintas mestras da cara un nun taxi. Estas non foron nunca recuperadas, e esa cara tivo que ser mesturada novamente ás presas. O disco foi reeditado en marzo de 2010, e o son ten pequenas variacións con pequenos axustes realizados polo enxeñeiro de son de Hendrix, Eddie Kramer.