Ava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 21°51′N 95°59′L / 21.850, -95.983

Ava
အင်းဝမြို့
Ruins, Innwa, Mandalay Division, Burma.jpg
Ruínas da cidade
Localización
Ava en Myanmar
Ava
Ava
PaísFlag of Myanmar.svg Myanmar
RexiónTerritorio de Mandalay

Ava ou Inwa (en birmano: အင်းဝမြို့) é unha cidade da división de Mandalay, Myanmar. Localízase no sur de Amarapura, á beira do río Ayeyardwady. Recibe tamén o nome de Ratnapura (cidade das xemas en pali).

Historia[editar | editar a fonte]

Ava foi a capital de Birmania entre 1364 e 1841. En 1752 os mon rebeláronse contra o poder birmano e saquearon Ava. En 1841 un terremoto destruíu a cidade e a capital moveuse para Amarapura. Hoxe da antiga capital só quedan ruínas das súas murallas, un palacio e varias pagodes.