Saltar ao contido

Auxilio Azul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Auxilio Azul
Tipoasociación
Data de fundación1936
Fundador(es)María Paz Martínez Unciti
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

A organización Auxilio Azul, denominada tamén Auxilio Azul María Paz, foi unha organización falanxista feminina de Auxilio Social fundada por María Paz Martínez Unciti na clandestinidade de Madrid durante a guerra civil española. Moitas das mulleres participantes desta organización eran tradicionalistas, de Renovación Española ou sen afiliación. Chegaron a ser un total de seis mil mulleres afiliadas. As reunións realizábanse nas casas das afiliadas, o método de recrutamento era por amizade. A irmá de María Paz fíxose cargo da organización a partir de novembro de 1936. Este cambio renovou as estruturas pasando dunha organización triangular a unha celular na que melloraron as estruturas de comunicación interna que requirían as operacións clandestinas. A organización operou durante toda a contenda Civil na cidade de Madrid, en retagarda, e non foi detectada xamais polas Autoridades Gobernamentais da II República Española.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]