Aurelio Núñez Prieto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1895 Vilamartín de Valdeorras |
Morte | década de 1940 (44/54 anos) A Rúa |
Causa da morte | leucemia |
Alcalde da Rúa | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Aurelio Núñez Prieto, nado en Vilamartín de Valdeorras cara a 1895 e finado na Rúa nos anos corenta, foi un ferreiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ferreiro, instalouse na Rúa. Afiliado á Sociedad de la Tierra de Fontei da UGT e militante do PSOE. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi designado concelleiro e nomeado despois alcalde da Rúa. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado na casa da súa nai e na doutros veciños. Foi detido o 10 de febreiro de 1938 cando estaba agochado no faiado da súa casa no barrio da Estación da Rúa.[1] Non foi procesado. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1938,[2] do que resultou unha multa de 200 pesetas en 1941. Morreu de leucemia nos anos corenta.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: ? |
Alcalde da Rúa 1936 |
Sucesor: ? |