Saltar ao contido

Aurelio López Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAurelio López Fernández

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de decembro de 1932 Editar o valor en Wikidata
Nogueiró, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de outubro de 2018 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Outomuro, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Cartelle
1979 – 1991 – Carmen Leyte → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónveterinario, político Editar o valor en Wikidata

Aurelio López Fernández, nado en Nogueiró (O Mundil, Cartelle) o 23 de decembro de 1932, e finado en Outomuro o 8 de outubro de 2018, foi un veterinario e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou o Bacharelato no actual IES Otero Pedrayo de Ourense e a licenciatura de Veterinaria na facultade de Veterinaria de León, pertencente na altura á Universidade de Oviedo que rematou en 1956. Posteriormente, na década dos 60 foi fundador da Cooperativa de Productores de Huevos, encadrada en UTECO, embrionaria da actual cooperativa agroalimentaria, COREN. Converteuse, deste xeito, en cooperativista a través da granxa de galiñas para pór ovos primeiro e de poñedoras, despois, construída no seu concello, preto do campo de fútbol do Outeiro do Cuco.

No plano político, foi alcalde de Cartelle pola UCD nas primeiras eleccións municipais de 1979 e por Coalición Galega en 1983 e 1987.

Persoa de fondas conviccións relixiosas, foi un fregués activo na súa parroquia do Mundil. Como veciño, destacou seu compromiso ao longo da súa vida co Outomuro CF, a comisión de festas ou o proceso de concentración parcelaria.


Predecesor:
-
 
Alcalde de Cartelle
 
1979 - 1991
Sucesor:
Carmen Leyte Coello

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]