Atol Reao
Aparencia
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| División administrativa | departamentos e territorios de ultramar de Francia | ||||
| Colectividade | Polinesia Francesa | ||||
| División administrativa da Polinesia Francesa | Illas Tuamotu-Gambier | ||||
| Comuna da Polinesia Francesa | Comuna de Reao | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 34 km² | ||||
| Bañado por | océano Pacífico | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
Reao é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Está situado ao leste do arquipélago, a 1.350 km de Tahití.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Ten unha forma alargada de 16 km e a lagoa interior está pechada sen ningún paso transitable ao océano. A vila principal é Rapuarava, cunha poboación total de 313 habitantes no censo de 1996. Os insulares viven principalmente da produción de copra, aínda que tamén se atopa unha granxa de cans para o consumo.
Historia
[editar | editar a fonte]O atol foi poboado no século II. Hai diversos restos arqueolóxicos da antiga poboación polinesia. Foi descuberto polo francés Louis Isidore Duperrey en 1822, e chamouno Clermont-Tonnerre, nome do ministro de Mariña. En 1865 a poboación foi evanxelizada polos misioneiros católicos de Mangareva, que crearon unha leprosería.
