Atol Nukutavake
Aparencia
| Nukutavake (fr) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| División administrativa | departamentos e territorios de ultramar de Francia | ||||
| Colectividade | Polinesia Francesa | ||||
| Comuna da Polinesia Francesa | Comuna de Nukutavake | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 170 | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 5,5 km² | ||||
| Medición | 1,3 ( | ||||
| Bañado por | océano Pacífico | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
Nukutavake (antes Reine Charlotte) é un atol do arquipélago Tuamotu, na Polinesia Francesa. Está situado ao leste e centro do arquipélago, a 1.125 km de Tahití.
Xeografía
[editar | editar a fonte]É un atol alargado de 5,2 km de longo e unha anchura variable entre 450 m e 1,3 km. A superficie total é de 5,5 km². A lagoa é pouco profunda e foi parcialmente secada e cuberta de densa vexetación. O anel coralino ten unha grande extensión de cocos. A vila principal é Tavananui, con moitas casas abandonadas debido á emigración a Tahití. A poboación total é de 196 habitantes tomando o censo de 1996, e viven principalmente da pesca e a produción de copra. Dispón dun aeródromo.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi descuberto polo inglés Samuel Wallis, o 1767, que o denominou Raíña Carlota (Queen Charlotte).
