Atol Motutunga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Motutunga
Atol
Datos
País Francia
Illa principal
Linguas
Poboación (2009) Deshabitado
Superficie 1´4 km²
Superficie lagoa 126 km²
Nº de illas
Coordenadas 17°4′S 144°17′O / -17.067, -144.283
Maior Altura
Localización
Localización do atol

Motutunga é un atol de Tuamotu, na Polinesia francesa. Administrativamente depende da comuna asociada de Faaite, na comuna de Anaa. Está situado a 17 km ao sueste de Tahanea e a 490 km ao leste de Tahití.

Xeografía[editar | editar a fonte]

É un atol de forma case triangular, de 15 km de longo e 14 km de ancho. A superficie terrestre é de 1,4 km² e a lagoa ten 126 km². Só hai un paso non navegable no interior da lagoa.

Esta deshabitado.

Historia[editar | editar a fonte]

Descuberta por James Cook, en 1773, coñeceuse co nome do seu barco Adventure. En 1775 Domingo Bonaechea chamouno San Blas.