Atol Matureivavao
(fr) Matureivavao | ||||
Tipo | illa Atol | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Grupo Acteón | |||
Situado na entidade xeográfica | Tuamotu | |||
Localización | ||||
División administrativa | Polinesia Francesa, Francia | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Características | ||||
Superficie | 18 km² | |||
Historia | ||||
Data de descuberta ou invención | 1606 | |||
Matureivavao ou Mature-vavao é un atol no Grupo Acteón na parte sueste das illas Tuamotu. É o máis grande atol do Grupo Acteón.
Matureivavao é o suficientemente alto para ser visible desde unha distancia considerable. Aparece como unha praia de area, cunha liña de cor verde escuro. Algúns edificios atópanse no lado noroeste do atol. Non hai ningunha entrada da lagoa.
Historia
[editar | editar a fonte]O primeiro europeo en avistar Matureivavao foi Pedro Fernández de Quirós o 5 de febreiro de 1605. El describiu ao grupo como "catro illas coroadas por palmeiras de coco". Nos diferentes textos que describen a súa viaxe, as illas chámanse "Las Cuatro Coronadas", "Las Cuatro Hermanas" ou "Las Anegadas".
Nalgúns mapas deste atol tamén aparecen como "Melbourne".
Administración
[editar | editar a fonte]Administrativamente o atol Matureivavao, como o resto do grupo Acteón, pertence ás Illas Gambier.