Atol Makemo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Localización de Makemo en las Tuamotu.png
Porto de Makemo

Makemo é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Está situado no centro do arquipélago, a 570 km ao nordés de Tahití. O atol ten 70 km de longo e uns 10 km de media de largo. A superficie total é de 72 km²;. A lagoa é a terceira máis grande das Tuamotu, e dispón de dous pasos navegables. A vila principal é Pouheua, e a poboación total é de 588 habitantes no censo de 1996. Dispón dunha igrexa católica, unha escola primaria e un aeroporto. A actividade principal é a perlicultura.

O atol foi descuberto polo comerciante de perlas inglés John Buyers, en 1803. Outros nomes históricos son: Philipps e Koutouzov.

Makemo é a patria do heroe lendario Moeava. A lenda explica que o famoso guerreiro namorouse de Huarei, raíña da illa Tepukamaruia. O xigante Patira púxose celoso e os dous guerreiros desafiáronse a un combate na illa de Makemo. Moeava chegou o primeiro e preparou unha fonda xigante. Cando o seu rival apareceu, escolleu unha pedra grande, redonda e lisa, fixo unha pregaria ao deus Tu, e matou a Patira dun lanzamento na cabeza. Hoxe en día, pódese ver unha enorme pedra redonda e lisa na lagoa de Makemo. É a pedra de Moeava.

Comuna de Makemo[editar | editar a fonte]

Makemo é a capital da comuna que inclúe catro comunas asociadas e diversos atois deshabitados:

  • Comuna de Makemo.
    • Takume
    • Haraiki
    • Marutea Norte
  • Comuna asociada de Katiu.
    • Illas Raeffsky
      • Hiti
      • Tepoto Sur
      • Tuanake
  • Comuna asociada de Raroia.
  • Comuna asociada de Taenga.
    • Nihiru

Katiu[editar | editar a fonte]

Katiu é un atol situado a 25 km ao nordés de Makemo. Ten unha superficie total de 27 km²;, cunha lagoa interior cun paso navegable ao océano. A vila principal é Hitianau. Ten unha poboación total de 500 habitantes, que viven principalmente do cultivo de perlas negras e de copra. Dispón dunha igrexa católica.

Foi descuberto en 1820 por Fabian Bellinghausen. Outros nomes históricos son: Osten e Saken.

Taenga[editar | editar a fonte]

Taenga é un atol que se atopa a 670 km ao nordés de Tahití. Ten unha superficie total de 20 km², cunha lagoa interior cun paso navegable ao océano. A vila principal é Henuparea. A poboación total é de 100 habitantes, que se alimentan de piscicultura. Tamén hai algunhas granxas de perlas. Non dispón de practicamente ningunha infraestrutura.

Foi descuberto polo inglés John Buyers en 1803. Historicamente tamén se coñeceu como Holt.

Raroia[editar | editar a fonte]

Takume[editar | editar a fonte]

Takume é un atol situado a 8 km ao noroeste de Raroia. A superficie total é de 7 km². Dispón dun paso navegable ao interior da lagoa. A vila principal é Ohomo. A poboación total é de 100 habitantes, dependentes da comuna de Makemo. Dispón dun aeródromo.

Nihiru[editar | editar a fonte]

Nihiru é un atol situado a 700 km ao nordés de Tahití. A superficie total é de 20 km². A lagoa interior está pechada sen paso navegable algún. Só viven uns 20 habitantes dependentes da comuna de Taenga. Non dispón de infraestruturas.

Illas Raevski[editar | editar a fonte]

Son un grupo de tres atois pequenos no centro das Tuamotu: Hiti, Tepoto Sud e Tuanake.

Haraiki[editar | editar a fonte]

Haraiki é un atol situado a 640 km ao leste de Tahití. é de forma triangular cunha superficie total de 4 km². A lagoa interior é dobre, cun só paso navegable. Está deshabitado.

Foi descuberto en 1768 por Louis Antoine de Bougainville. Historicamente coñeceuse cos nomes de: Maraiki, Heraiki, San Quintin e Crocker.

Marutea Norte[editar | editar a fonte]

Marutea é un atol situado a 650 km ao leste de Tahití. A superficie total é de 7 km²;. A lagoa dispón dun paso navegable. Está deshabitado. Historicamente coñeceuse co nome Furneaux. Chámase Norte para distinguilo de Marutea Sur, na comuna de Mangareva.