Atol Faaite
Aparencia
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Colectividade | Polinesia Francesa | ||||
División administrativa da Polinesia Francesa | Illas Tuamotu-Gambier | ||||
Comuna da Polinesia Francesa | Comuna de Anaa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 227 km² | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Faaite é un atol de Tuamotu, na Polinesia Francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Anaa, coas dependencias de Tahanea e Motutunga. Está situado entre dous atois máis grandes, Fakarava a 17 km ao noroeste e Tahanea a 11 km ao sueste. Anaa esta a 60 km ao sur.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A superficie total é de 9 km². A lagoa interior, de 227 km², ten un paso navegable ao océano, situado no noroeste e chamado Teporioha.
A poboación total era de 202 habitantes no censo do 2002. A vila principal é Hitianau, situada ao oeste.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi descuberto polo inglés John Turnbull, o 1803, o primeiro comerciante do Pacífico que facía a ruta de Hawai a Tahití. En 1820 foi visitado por Fabian Gottlieb von Bellingshausen que o chamou Miloradovich.