Atol Apataki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apataki
Atol
Datos
País Francia
Illa principal
Linguas
Poboación (2007) 492 hab.
Superficie 20 km²
Superficie lagoa 706 km²
Nº de illas
Coordenadas 15°27′S 146°19′W / 15.450°S 146.317°W / -15.450; -146.317
Maior Altura
Localización
Localización do atol

Apataki é un atol de Tuamotu, na Polinesia francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Arutua. Xeograficamente forma parte das illas Palliser. Está situado a 19 km ao leste de Arutua e a 370 km ao nordés de Tahití.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Ten unhas dimensións de 64 km de longo e 47 km de ancho, cunha superficie total, incluída a lagoa, de 703 km². O atol dispón de dous pasos ao interior da lagoa: Aimonu ao noroeste e Haniuru ao suroeste.

A vila principal é Niutahi situada no noroeste xunto ao paso de Aimonu e cun aeródromo preto da vila. Os 429 habitantes (censo de 2002) viven da produción de perlas, da pesca e o cultivo de copra e nono (froito tropical de nome científicoMorinda citrifolia).

Historia[editar | editar a fonte]

Foi descuberto a noite do 21 de maio de 1722 por Jacob Roggeveen que a chamou Avondstond ('noite'). Outro nome histórico do atol é Hagenmeister.