Atlántico Medio
Aparencia
Coord.: 40°N 80°O / 40, -80
Mid-Atlantic (en) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 495.486,7 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
O Atlántico Medio (en inglés Mid-Atlantic) é unha rexión dos Estados Unidos que abrangue os seguintes estados:
- Delaware
- Maryland
- Nova Jersey
- Nova York
- Pensilvania
- Washington D. C. (que non é un estado, senón un distrito federal)
- Por veces tamén se inclúen Virxinia e Virxinia Occidental.
Este expresión comezouse a empregar cos primeiros poboadores europeos tras o establecemento inglés nas colonias (Middle Colonies). Estes estados caracterizáronse pola súa industria pesada tras a Declaración de Independencia do Reino Unido. Nesta rexión xuntáronse inmigrantes de todo o mundo no que pasou a chamarse o melting pot de culturas.