Atilio Santillán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAtilio Santillán
Biografía
Nacemento1935 Editar o valor em Wikidata
Morte22 de marzo de 1976 Editar o valor em Wikidata (40/41 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata

Atilio Santillán, nado en Bella Vista (Tucumán) en 1935 e finado en Buenos Aires o 22 de marzo de 1976, foi un sindicalista arxentino, vítima da violencia política da metade dos anos 70.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1935 naceu en Bella Vista. Na década do 60 foi secretario xeral da Federación Obrera Tucumana de la Industria del Azúcar (FOTIA), organización sindical que chegou a sindicalizar a 70.000 obreiros azucreiros e mantivo un forte carácter combativo non só durante as ditaduras militares senón ata durante o goberno peronista de 1973-1976.

Coma noutros casos, dirixiu unha importante sucesión de conflitos e participou na construción de organismos obreiros que modificaron o equilibrio político gremial de fins dos anos 70. Xunto a dirixentes do talle de Raimundo Ongaro, Francisco Barba Gutiérrez, Agustín Tosco, Jorge F. Di Pascuale, Roberto Gringo Lopresti, Gonzalo Negro Chavez creou unha organización que non respondía á CGT oficial, era multipartidaria e chamouse Coordinadora de Gremios, Comisiones Internas y Fábricas en Conflicto e naceu na Provincia de Tucumán os días 15 e 16 de setembro de 1974

Atilio Santillán foi asasinado en Buenos Aires, o 22 de marzo de 1976, 48 horas antes do golpe militar que encabezou Jorge Rafael Videla. Algunhas fontes indican que os autores foron integrantes dun comando do Ejército Revolucionario del Pueblo (ERP), aínda que outros destacan que a facilidade e a impunidade coas que o asasinaron son características de grupos paramilitares e parapoliciais amparados polo Estado. Con todo, comprobouse que o órgano do PRT-ERP, "Estrella Roja", adxudicouse "a execución", segundo o termo que usaban os guerrilleiros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Arbelos Carlos e Roca Alfredo Compiladores. EVITA. No me llaméis fascista. El Cid Editor. S.A.E. Barcelona 1982.
  • De Santis, Daniel, Entre Tupas y Perros. Buenos Aires. Editorial: R y R, 2005. 1ª Edición. ISBN 987-22222-7-4