Atacamita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Atacamita
Atacamite-xx hg.jpg
Fórmula químicaCu2 Cl (OH)3
ClaseHaloxenuro
Sistema cristalinoRómbico
CorVerde xeralmente escura, amarela
BrilloAdamantino
Dureza3 - 3,5 (escala de Mohs)
FracturaConcoidal
RaiaVerde
Densidade3,8 g/cm³

A atacamita é un mineral do grupo dos haloxenuros. Quimicamente é un hidroxicloruro de cobre de color verde moi característica. Ten un polimorfo na botallackita, mineral de igual fórmula química pero que cristaliza noutro sistema, no sistema monoclínico.

Atopouse por primeira vez no Deserto de Atacama, ao norte de Chile, motivo polo que D. de Gallizen lle puxo este nome en 1801.

Ambiente de formación[editar | editar a fonte]

A atacamita é un mineral raro, pois as condiciones de formación son moi particulares, fórmase a partir doutros minerais de cobre primarios -sulfuros xeralmente- por oxidación da pátina superficial nun clima árido desértico.

Tamén se pode formar por sublimación nas exhalacións volcánicas.

Localización e extracción[editar | editar a fonte]

Existen grandes cristais ben formados en Wallaroo (Australia). Na III Rexión de Atacama (Chile) adoita encontrarse en forma de grandes agregados, á parte de ser frecuente en moitas outras partes do mundo. En Italia áchase asociado ás lavas do Vesuvio.

Podería explotarse como mena de cobre, mais non existen depósitos suficientemente grandes como para ser rendíbel a súa explotación mineira.

Polo seu enorme poder absorbente, explotábase comercialmente no pasado como po para secar a tinta coa que se escribía a pluma, importándose dende Chile.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]