Astérix (satélite)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Astérix (A-1)
Asterix Musee du Bourget P1020341.JPG
Astérix (A-1)
Tipo Experimental.
Satélite de Terra
Data de lanzamento 26 de novembro de 1965[1][2][3][4]
Foguete portador Diamant A[2][5][6]
Sitio de lanzamento Hammaguir[2]
Obxectivo da misión Experimental.[2][5]
NSSDC ID 1965-096A
Masa 42 kg[2][5][7]
Dimensións 0,53 m de diámetro[2]
Semieixo maior 7468,0 km[1]
Inclinación 34,3 graos[1]
Apoapse 1663 km[1]
Periapse 531 km[1]

Astérix, tamén denominado A-1, foi o primeiro satélite artificial francés, convertendo a Francia no terceiro país en lanzar un satélite cun vehículo lanzador propio. O satélite foi lanzado o 26 de novembro de 1965 ás 15:47[4] desde o polígono de Hammaguir, en Arxelia, mediante un foguete Diamant A.[2][3][1][6]

Características[editar | editar a fonte]

Astérix ten forma de dobre cono, cun diámetro máximo de 0,53 metros, e a súa función era comprobar o rendemento e o comportamento do foguete durante o lanzamento. Como misión secundaria, usaríase para facer medicións da ionosfera, pero debido a un problema coas antenas non se recibíu telemetría do satélite nin se puideron levar a cabo as medicións ionosféricas.[2][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. «A-1 (ASTERIX)» (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (4 de novembro de 2011). «A 1» (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2011. 
  3. 3,0 3,1 «Note verbale dated 28 January 2004 from the Permanent Mission of France to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General» (PDF) (V.04-51402(E)). 2 de marzo de 2004. Consultado o 22 de decembro de 2011. 
  4. 4,0 4,1 «Francia ha lanzado su primer satélite espacial» (PDF). La Vanguardia Española: 23. 27 de novembro de 1965. Consultado o 22 de decembro de 2011. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. «Asterix (A 1)» (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2011. 
  6. 6,0 6,1 Mark Wade (2011). «Diamant A» (en inglés). Consultado o 13 de xullo de 2012. 
  7. Mark Wade (2011). «Asterix» (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2011.