Asociación Liberal do Estudantado Galego
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
Asociación Liberal do Estudantado Galego | |
---|---|
Tipo | organización estudantil |
Ideoloxía | Liberalismo, galeguismo e europeísmo |
Data de fundación | 2012 |
Fundador(es) | Diego Santos Ferreira, Xurxo Astorgano López e Javier Botana Botana |
Presidente/a | Diego Santos Ferreira |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
Na rede | |
http://asociacionliberaldoestudantadogalego.blogspot.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Asociación Liberal do Estudantado Galego (ALEGa) é unha asociación estudantil de ámbito galego que ten coma obxectivo promover e potenciar os valores liberais entre a mocidade galega amosando as virtudes que oferta o liberalismo nos diversos eidos (económico, individual, social, nacional, cultural...).
ALEGa foi rexistrada na Xunta de Galicia en febreiro do 2012 e está integrada dentro da familia liberal galega xunto á Asociación Galega para a Liberdade e a Democracia (GALIDEM) e Converxencia XXI[1].
Ten como ámbito de actuación o territorio comprendido pola comunidade autónoma de Galicia.
Nas Asembleas Xerais celebradas en Santiago de Compostela, os membros de ALEGa decidiron poñer en funcionamento as áreas estratéxicas de "relacións internacionais", "comunicación e relacións externas", "difusión e rede" e "expansión e innovación".
Estivo representada polo seu secretario de relacións internacionais no Congreso do LYMEC (European Liberal Youth), que tivo lugar os días 11-13 de maio de 2012 en Copenhague.