Asociación Republicana Militar
Asociación Republicana Militar | |
---|---|
Tipo | Organização Clandestina e organización militar |
Data de fundación | 1881 |
Data de disolución | anos 1890 |
Presidente/a | Manuel Villacampa del Castillo (1881-) |
País | Restauración borbónica en España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A Asociación Republicana Militar foi unha asociación secreta formada por militares coa fin de conspirar para acabar co réxime da Restauración e restaurar a República en España. Fundouna o tenente Miguel Pérez e dous militares máis en outubro de 1880 baixo o liderado de Manuel Ruiz Zorrilla. Nun primeiro momento a ARM limitouse a un labor de propaganda entre os militares, medrou lentamente e en xaneiro de 1882 achegábase aos 200 membros.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En novembro de 1882 decidiuse a creación dunha Xunta Central composta por nove oficiais e presidida polo brigadier Villacampa. A organización foi aumentando (1.500 membros en agosto de 1883), e comezou a preparar un pronunciamento militar: nunha xuntanza en Barcelona o 27 de xullo decidiuse sublevarse o 5 de agosto de 1883 pero finalmente decidiuse atrasalo ao 10 de agosto. Prevíase que se sublevasen as gornicións de Barcelona, Valencia, Zaragoza e Badaxoz baixo o grito de Viva a República Española!, sumándose posteriormente ata 22 gornicións máis, pero finalmente Badaxoz sublevouse na data inicial en solitario. O fracaso subseguinte desencadeou a represión entre os membros da ARM e os sublevados en Badaxoz marcharon ao exilio a Portugal así como outros activistas da organización.
Miguel Pérez marchou ao exilio e publicou un folleto contra Ruiz Zorrilla, Don Manuel Ruiz Zorrilla ante la ARM, o cal foi contestado por outros membros da ARM cualificando a Miguel Pérez de traidor.
A ARM intentou outro pronunciamento para o 27 de abril de 1884. Tras ser descuberto, detívose a catro xenerais e a outros membros da ARM implicados.
Logo da morte de Afonso XII, a ARM preparou un novo pronunciamento para o 19 de setembro de 1886 dirixido por Villacampa. Se novo constituíu un fracaso, e a ARM disolveríase entre 1888 e 1891.