Asociación Cultural Terra de Outes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asociación Cultural Terra de Outes
Tipoasociación cultural
SedeOutes
PaísGalicia
Na rede
http://www.terradeoutes.com
editar datos en Wikidata ]

A Asociación Cívico Cultural Terra de Outes[1] é unha plataforma cívica e cultural residente no concello de Outes.

Historia[editar | editar a fonte]

Xurdiu coma desexo de continuar coa actividade da Plataforma Nunca Máis de Outes, que nos anos anteriores á creación da Asociación tivera unha grande incidencia no concello. A intención expresada por un dos seus fundadores, actualmente presidente, Xoán Mariño era "a de manter unha estrutura estable de cidadáns dispostos a reaccionar diante de calquera alarma medioambiental ou na demanda de dereitos e liberdades sociais e, mentres non se producise tal circunstancia, actuar na dinamización da vida cultural de Outes ou a protección do patrimonio histórico e etnográfico".[2]

Publica unha revista de periodicidade trimestral, con entrevistas a persoeiros do municipio, artigos de opinión e investigacións culturais.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]