Asdf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Letras no teclado dunha computadora.

Asdf son as catro primeiras teclas da fila central dun teclado Qwerty, sobre as que repousa a man esquerda cando non está a escribir. Por ese motivo acostuma ser utilizada cando non importa realmente o que se deba de poñer, coma exemplos ou tests —unha busca en Internet para comprobar a conexión, ou mesmo a creación dun ficheiro para saber se se posúen permisos de escritura— sen ter significado ningún.

"asdf" tamén é o que unha persoa escribe na liña do asunto dun correo electrónico cando non hai realmente un asunto a tratar, isto é, cando simplemente se quere dicir algo sen significado ningún. Aínda que tamén hai persoas que empregan a verba "asdf" cando outra persoa di algo, nun foro ou en calquera conversa a través de Internet, que non ten interese ningún para o lector e pode ser simplemente ignorado para o ben de quen o escribiu.

A forma máis común é a primeira, xa que cando unha persoa se aburre e non sabe que dicir cando unha conversa está detida, escribe asdf unha ou en ocasións máis dunha vez para darlle vida.

asdf’ tamén é o contrasinal predeterminado en moitos sistemas informáticos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]