The Plains of Passage

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «As chairas do tránsito»)

As chairas do tránsito
Título orixinalThe Plains of Passage
Autor/aJean M. Auel
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
ColecciónOs fillos da terra
Xénero(s)Novela
Editorial Crown
Data de pub. 24 de setembro de 1990
FormatoTapas duras (USA)
Páxinas760
ISBNISBN 0-517-58049-7
Precedido porOs cazadores de mamuts
Seguido porAbeiros de pedra
editar datos en Wikidata ]

As chairas do tránsito[1] (na versión orixinal The Plains of Passage) é unha novela histórica escrita pola autora estadounidense Jean M. Auel en 1990. É o cuarto libro da serie Os fillos da terra.

Sinopse[editar | editar a fonte]

A novela relata a viaxe dun ano dende que Ayla e Jondalar abandonan os Mamutoi e remontan o Río da Gran Nai (o Danubio) ata a chegada ás terras onde habita a tribo de Jondalar. Ó longo do traxecto, Ayla vai coñecendo distintas tribos de Os Outros -maioritariamente grupos que Jondalar coñeceu na súa viaxe cara a desembocadura do río. Ayla é temida por estes grupos pola súa capacidade de dominar os animais (sobre todo de Lobo).

Notas[editar | editar a fonte]