Arturo López Trasancos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arturo López Trasancos
Nacemento1902
 Galicia
Falecemento1948
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico e político
editar datos en Wikidata ]

Arturo López Trasancos, nado en 1902 e finado en Ourense en 1948, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vinculado ao galeguismo dende novo, estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, especializándose en otorrinolaringoloxía e traballou no Instituto Provincial de Hixiene de Ourense. Foi concelleiro en Ourense durante a ditadura de Primo de Rivera e ao seu remate foi vicepresidente do Partido Nazonalista Republicán de Ourense que dirixía Ramón Otero Pedrayo e como tal un dos membros de primeira hora do Partido Galeguista.

Represaliado durante o franquismo, o Tribunal de Responsabilidades Políticas sancionouno en 1941 con multa e inhabilitación para practicar a medicina durante cinco anos[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Prada Rodríguez, X.: "A depuración das responsabilidades políticas dos galeguistas ourensáns. Unha achega", en Boletín da Real Academia Galega 370