Arturo Goncerlián

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arturo Goncerlián
Nome completoArturo García González
AlcumeArturo Goncerlián
Nacementoséculo XIX
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento1969
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpianista e compositor
editar datos en Wikidata ]

Arturo García González máis coñecido como Arturo Goncerlián, nado na Coruña a finais do século XIX e finado no ano 1969, foi un pianista e compositor[1] galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viaxou con diversas compañías de teatro pola zona de Valladolid[2] e Albacete[3] sendo compositor de zarzuela nas mesmas. Foi membro da primeira formación da Orquestra Mallo dende o final da guerra civil española ata o final da década de 1940. A partir desta data centrouse na súa actividade como compositor. Tivo amizade co empresario teatral e director de escena español Arturo Serrano Arín.

No máximo apoxeo da música zarzuela española a principios do século XX compuxo música en colaboración con Joaquín Candela Ardid e Javier de Burgos y Rizzoli. Ademais musicou libretos de zarzuela de Luis Linares Becerra e Emilio Sánchez Pastor.

Obra[editar | editar a fonte]

  • La Calumnia (1908; zarzuela nun acto e tres cadros[4][5])
  • María de Africa (1909; zarzuela dramática[6] nun acto, dividido en cinco cadros[7])
  • El clown Bebé (1909; zarzuela. comedia lírica en tres cadros e epílogo.
  • A ver si va a poder ser! (1910; zarzuela dividida en cinco cadros e prólogo.
  • Ahí queda eso, o, El belén de don Antonio (1910; zarzuela; nacemento político nun acto, dividido nun prólogo e tres cadros.
  • La corte de Gorgonia (1910; zarzuela)
  • Suspiros do mar (1915; valse lento)
  • "Asturias"-"Galicia"-"Navarra"-"Vizcaya"[8] (1958, cancións populares)
  • "Los chiquis" (1958; cancións populares; grupo musical).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fundación Juan March, Biblioteca de teatro español Contemporáneo. "Catálogo de libretos españoles (S. XIX - S.XX)" (PDF). 
  2. Ambiente musical en Valladolid. ""El norte de castilla" 1910-1912" (PDF). 
  3. Estreno El Clown Bebe, Albacete. "La vida escénica en Albacete" (PDF). 
  4. Catálogo mundial en español, Arturo Goncerlián. "Zarzuelas". 
  5. La Calumnia, Zarzuela. "Libreto". 
  6. María de África, Zarzuela. "Libreto". 
  7. Biblioteca digital hispánica, Arturo Goncerlián. "libreto". 
  8. Biblioteca Nacional de España. "Arturo Goncerlián".