A arteria cerebral media ou arteria silviana, é unha das arterias que irrigan o cerebro. É rama da arteria carótide interna e a súa irrigación sanguínea divídese en dúas porcións, unha porción basal e outra cefálica.
A arteria cerebral media denomínase arteria silviana, porque axiña que se desprende da carótide interna, introdúcese na cisura de Silvio. Ten dúas ramas principais, unha rama basilar, que irriga parte do núcleo caudado e do tálamo. Unha das ramas distais da rama basilar é a que frecuentemente causa a hemorraxia cerebral de Charcot. As ramas da porción cortical van irrigar gran parte da cortiza cerebral.
Case toda a cortiza agás as partes máis superiores da cortiza frontal e parietal (territorios da arteria cerebral anterior), e a parte inferior da cortiza temporal.
A arteria cerebral media a miúdo se obstrúe causando hemiparesia (paralización dun lado do corpo) que pode afectar á faciana, brazo e perna, así como alteracións sensitivas e visuais.