Pobo arrente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Arrernte»)
Neno arrente xogando cun escudo.

Os arrente, arrernte, arunta ou aranda (əraɳɖa) son un pobo aborixe do centro-norte de Australia que habita na contorna da cordilleira MacDonnell. O seu territorio abrangue uns 110 km de leste a oeste e 330 km de norte a sur, pero actualmente moitos deles viven en Sydney ou Melbourne, preto do mar. Falan unha lingua pama.

Os arrente están divididos en seis subgrupos, cada un deles co seu territorio particular. O grupo denominado central vive arredor de Alice Springs. Cada subgrupo está dividido en pequenas familias ou clans familiares rexidos por un sistema autoritario baseado nos matrimonios entre clans.

Historia[editar | editar a fonte]

Os arrente consideran que viven neste lugar dende fai corenta mil anos, en que xurdiron do Tempo do Soño. En 1860, os colonos ingleses ocupan a terra dos seus antergos, 72 anos despois da ocupación do leste de Australia. En 1872, o telégrafo entre Adelaida e Darwin corta o país dos arrente pola metade. Na década de 1880 prodúcense repetidas masacres entre os indíxenas que loitan por defender as súas terras. Na década seguinte prodúcense traslados de aborixes para evitar enfrontamentos cos colonos. Até os anos noventa do século seguinte non se recoñecerán os títulos de propiedade dos indíxenas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]