Siebmachers Wappenbuch
Armorial de Siebmacher | |
---|---|
Emblema do Sacro Emperador Romano-Xermánico. | |
Título orixinal | Siebmachers Wappenbuch |
Autor/a | Johann Siebmacher |
Lingua | Alemán |
Xénero(s) | Armorial |
Data de pub. | 1605, 1609 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Siebmachers Wappenbuch (en alemán: literalmente armorial de Siebmacher) é un armorial publicado en 1605 e 1609 como dous libros heráldicos, parte dunha serie de varios volumes posteriores, que contén os escudos de armas da nobreza do Sacro Imperio Romano-Xermánico, así como os escudos de cidades-estado e dalgunhas familias burguesas. Foi creado e compilado polo alemán Johann Ambrosius Siebmacher (1561-1611), artista heráldico, gravador e editor de Nürnberg. A obra tornouse nunha importante fonte heráldica para as rexións xermanófonas.
O Vello Siebmacher
[editar | editar a fonte]O Alter Siebmacher foi compilado entre 1605 e 1806 e representa a heráldica contemporánea durante os dous séculos finais do Sacro Imperio Romano-Xermánico. Os dous primeiros volumes foron completados por Johann Sibmacher en 1605 e 1609. Compóñense de 3220 e 2400 armas respectivamente. A obra está impresa sen cor, mais existe un exemplar corado á man en Nürnberg.[1] O traballo foi continuado con seis volumes con suplementos adicionais realizados por Paul Fürst, Wolfgang Gottlieb Fürst, Rudolf Johann Helmers, Christoph Weigel o Vello e Gabriel Nikolaus Raspe. Estas obras foron tamén publicadas baixo os títulos dos seus respectivos editores, como: Fürstsches Wappenbuch, Helmersches Wappenbuch, Weigelsches Wappenbuch ou Raspes Wappenbuch.[2]
O Novo Siebmacher
[editar | editar a fonte]O Neuer Siebmacher, Siebmachers großes und allgemeines Wappenbuch foi compilado entre 1854 e 1967 por Adolf Matthias Hildebrandt, Maximilian Gritzner e Gustav A. Seyler. O índice xeral da obra enteira foi editado por Hanns Jäger-Sunstenau.[2] Posteriormente, Ottfried Neubecker publicou tódalas armas burguesas do Novo Siebmacher sen o texto como unha especie de glosario ilustrado organizado por cargos heráldicos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Clemmensen, Steen (2017). Armorials - listed by Sigla (PDF) (versión PDF). Ordinary of Medieval Armorials (en inglés) (2.ª ed.). Farum, Dinamarca. p. 231.
- ↑ 2,0 2,1 "Johann Siebmacher". Heraldik-Wiki (en alemán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Siebmachers Wappenbuch |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Siebmacher, Johann; Appuhn, Horst (1999). Johann Siebmachers Wappenbuch von 1605 (en alemán). Múnic: Orbis. ISBN 3-572-10050-X.
- Siebmacher, Johann (1998). Handbuch der Heraldik: Wappenfibel (en alemán) (19.ª ed.). Neustadt an der Aisch: Degener & Co. ISBN 3-7686-7014-7.
- Siebmacher, Johann (1975). Johann Siebmachers Wappen-Buch: Alle 6 Teile mit Anhang, Register und allen Erweiterungen bis zum Abschluss der Stammausgabe von 1772 (en alemán) (Faksimile-Nachdruck der 1701/05 bei Rudolph Helmers in Nürnberg erschienenen Ausgabe ed.). Múnic: Battenberg-Verlag. ISBN 3-87045-098-3.
- Jäger-Sunstenau, Hanns (1984). General-Index zu den Siebmacherschen Wappenbüchern 1605-1967 (en alemán). Graz: Akademische Druck und Verlagsanst. ISBN 3-201-00009-4.
- Neubecker, Ottfried (1985). Grosses Wappen-Bilder-Lexikon der bürgerlichen Geschlechter Deutschlands, Österreichs und der Schweiz (en alemán). Múnic: Battenberg. ISBN 3-87045-906-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Wappenbuch" (en alemán). Versión en liña do Johann Siebmachers Wappenbuch von 1605.
- "Wappenbuch" (en inglés). Versión orixinal en branco e negro do Johann Siebmachers Wappenbuch do século XVII con seis volumes, 1200 páxinas, 16000 nomes, referencias cruzadas e milleiros de correccións no índice orixinal.
- "Grundsätze der Wappenkunst verbunden mit einem Handbuch der heraldischen Terminologie". Austrian Literature Online (en alemán). Volume de suplemento ó Novo Siebmacher de Maximilian Gritzner (1889).
- "Index of Siebmacher's Armorials". Consortium of European Research Libraries (CERL) (en inglés). Base de datos cos nomes familiares e títulos (máis de 137000 entradas) do General-Index zu den Siebmacherschen Wappenbüchern 1605-1967 (Índice Xeral dos armoriais de Siebmacher 1605–1967).
- "Annotated Heraldry Bibliography [by François Velde about Siebmacher]". Heraldica (en inglés).