Armatimonadetes
Armatimonadetes | |||||
---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||
| |||||
clases, ordes, familias e xéneros
|
Armatimonadetes é un novo filo de bacterias, que era antes coñecido co nome de filo candidato OP10. O filo OP10 estaba composto só por secuencias clonadas de xenes de ARNr 16S de mostras ambientais, pero posteriormente foron descritas formalmente tres cepas para a súa validación como especies, e déuselle nome ao filo.
As tres especies que comprende este filo son:
- Armatimonas rosea, cepa YO-36T, unha bacteria aerobia quimioheterótrofa, illada do rizoplano do xunco Phragmites australis que vivía nun lago do Xapón. A súa temperatura óptima é de 30-35 °C e forma colonias rosas.[1]
- Chthonomonas calidirosea, cepa T49(T), bacteria non formadora de esporas aerobia, sacarolítica, termófila obrigada (óptimo a 60 °C) e motil, que foi illada dun chan quentado xeotermicamente en Hell's Gate, Tikitere, Nova Zelandia.[2] Ten un pH óptimo de 5,3, e forma colonias rosas.
- Fimbriimonas ginsengisoli, bacilo mesófilo, con temperatura óptima de 30 °C, sen mobilidade, que forma colonias cor marfil.
Filoxenia
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Taxonomía bacteriana e Filos bacterianos.
A taxonomía aceptada actualmente deste filo está baseada na List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN) [3] e no National Center for Biotechnology Information (NCBI)[4] e a filoxenia está baseada no ARNr 16S LTP 115 de The All-Species Living Tree Project [5] Armatimonadetes estaría relacionado con Elusimicrobia.
| |||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tamaki, Hideyuki; Tanaka, Yasuhiro; Matsuzawa, Hiroaki; Muramatsu, Mizuho; Meng, Xian-Ying; Hanada, Satoshi; Mori, Kazuhiro; Kamagata, Yoichi (2010). "Armatimonas rosea gen. nov., sp. nov., a Gram-negative, aerobic, chemoheterotrophic bacterium of a novel bacterial phylum, Armatimonadetes phyl. nov., formally called the candidate phylum OP10". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology 61 (Pt 6): 1442–7. PMID 20622056. doi:10.1099/ijs.0.025643-0.
- ↑ Lee, Kevin C. Y.; Dunfield, Peter F.; Morgan, Xochitl C.; Crowe, Michelle A.; Houghton, Karen M.; Vyssotski, Mikhail; Ryan, Jason L. J.; Lagutin, Kirill; et al. (2010). "Chthonomonas calidirosea gen. nov., sp. nov., an aerobic, pigmented, thermophilic microorganism of a novel bacterial class, Chthonomonadetes classis. nov., of the newly described phylum Armatimonadetes originally designated candidate division OP10". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology 61 (Pt 10): 2482–90. PMID 21097641. doi:10.1099/ijs.0.027235-0.
- ↑ J.P. Euzéby. "Armatimonadetes". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN). Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2011. Consultado o 2014-03-20.
- ↑ Sayers; et al. "Armatimonadetes". National Center for Biotechnology Information (NCBI) taxonomy database. Consultado o 2014-03-20.
- ↑ All-Species Living Tree Project."16S rRNA-based LTP release 115 (full tree)" (PDF). Silva Comprehensive Ribosomal RNA Database. Consultado o 2014-03-20.