Armas e instrumentos de guerra
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7f/Peeter_boel-armas_y_pertrechos_de_guerra.jpg/220px-Peeter_boel-armas_y_pertrechos_de_guerra.jpg)
Armas e instrumentos de guerra é unha pintura ó óleo do pintor barroco flamengo Pieter Boel (1622 -1674). O cadro consérvase no Museo do Prado de Madrid. Ten unhas dimensións de 169 x 313 cm.
Características
[editar | editar a fonte]A composición segue modelos de Jan Fyt. Aparece un can a carón de armaduras, armas e tres instrumentos musicais: un tambor ou timbal, unha trompeta natural e unha corneta moderna. O timbal dos nazaritas foi empregado polos españois, e o corno semicircular foi frecuente en Francia até 1665.
O cadro pertence á Colección Real. Formou parte da colección Isabel Farnesio, do Palacio da Granxa de San Ildefonso. A finais do século XVIII pasou a estar no Palacio de Aranjuez, e en 1848 pasou ao Museo do Prado.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Armas e instrumentos de guerra, ficha na web do Museo do Prado (en castelán).
![]() |
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |