Arma de Enxeñeiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emblema da Arma de Enxeñeiros do Exército de Terra de España.

A Arma de Enxeñeiros de calquera exército é unha arma que se compón normalmente de:

Descrición[editar | editar a fonte]

Escudo da Academia de Enxeñeiros do Exército Español, con sede en Hoyo de Manzanares, Madrid.

Os Zapadores, dentro da arma de Enxeñeiros, son unidades que actúan en todo o campo de batalla: en primeira liña, acompañando á infantaría ou carros (neste caso normalmente actúan zapadores mecanizados) para realizar aperturas de corredores en campos de minas, aramados, remoción de obstáculos contra-carro) labores denominadas, dentro do ámbito castrense, como apoio á mobilidade, en extrema avangarda ou incluso en territorio inimigo, acompañando normalmente a unidades de operacións especiais ou de recoñecemento, realizando PRP (Patrullas de Recoñecemento en Profundidade) para obter información sobre defensivas inimigas, itinerarios para as forzas propias (incluíndo recoñecemento de pontes, vaos, estradas etc.) e tamén realizando operacións de contramobilidade (campos de minas, obstáculos,...) para dificultar o avance inimigo; así mesmo realizan tarefas de fortificación para a protección de unidades (asentamentos, abrigos, postos de mando) compartindo esta última misión cos enxeñeiros de apoio/maquinaria que se encargan de apoiar ás unidades con maquinaria pesada (retroescavadoras, bulldozers,...) e realizar todos os labores de infraestrutura para as unidades (reparar estradas, facer pontes, campamentos...).

Enxeñeiros militares en Galicia[editar | editar a fonte]

Formando parte dunha brigada de infantaría lixeira (BRILAT Galicia VII), o Batallón de Zapadores Ligero VII (BZAPL VII), con base en Pontevedra, constitúe a maior presenza de persoal da arma no territorio de Galicia, con ampla experiencia en misións internacionais.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]