Saltar ao contido

Argos (can de Ulises)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Argos
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Obra
 Presente na obra
 Creador/a
Biografía
 Sexo
Identificadores
Freebase/m/0601hd Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons
Argos recoñece a Ulises e morre. Ilustración de John Flaxman para a Odisea (1835)

Na Odisea de Homero, Argos é o can de Odiseo ou Ulises, rei de Ítaca.

Argos aparece ao final do poema (Canto XVII[1]), cando Odiseo regresa a Ítaca logo de loitar na Guerra de Troia e deambular polo mar, tras vinte anos de ausencia. Odiseo, para se enfrontar mellor aos seus inimigos, aparece coas súas faccións disimuladas por Atenea e disfrazado de esmoleiro, de xeito que ninguén o recoñeza.

Mais Argos, aínda enfermo e descoidado, si o coñece e saúdao ledamente coa cola. Odiseo, decatado da fidelidade do seu can e do seu estado actual, pero imposibilitado de responder o saúdo para non quedar en evidencia, derrama unha bágoa e segue o seu camiño. O can, cumprida a súa misión de esperar vinte anos ao seu amo, morre aos seus pés.

[editar | editar a fonte]

No relato "El inmortal", de Jorge Luis Borges, cando a personaxe chega á cidade dos inmortais, á primeira persoa que atopa chámao Argos. Logo resultará ser Homero.[2]

  1. "Portal Graecia Antiqua" (en portugués). versos 290-327. Arquivado dende o orixinal o 04-03-2017. Consultado o 30-04-2017. 
  2. anamariarivera.blogspot.com (2012-03-20). "Fragmentos de “El Inmortal” de el Libro “El Aleph”". Consultado o 2025-06-08. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]